viernes, 29 de agosto de 2008

Galiza, terra do meu corazon

GALIZA, miña terra bonita, terra que amo tanto que podériame volver tolo, sufro con ela, cada vez que a mancan danme ganas de chorar, dáme magoa que se bote a perder por culpa duns dexenerados que lle plantan lume os seus bastos montes, cada vez que alguen fala mal dela, cada vez que se menosprecia (peor) ignora a sua cultura (o colmo, que un galego identifique España con flamenco, toros... se España é eso entón Galiza non é España), cada tramo de autoestrada e via de tren que destrue  a sua beleza por aforrar uns cantos cartos, non importa se tiramos un xacemento celta, un horreo, un cruceiro ou muiño que estan protexidos.


Pero Galiza, a pesares de todo é a mellor, non vos creades que no veran vai tan mala temperatura coma din nos telexornais(risa me dan), son verans suaves con temperaturas agradables 25-35º, agás en Ourense cidade que tranquilamente rondamos os 40º un dia normal de veran, onde se non tes a praia e un prado de herba ben xuntiños, a praia da zona de interior a 1hora, pasar da típica choiva de Santiago( esto si é certo, non todolos dias pero... si chove con facilidade) o sol das praias en 30 min, ten un maravillosa catedral en Santiago coñecida no mundo enteiro e unha non menos espectacular en Ourense custodiada por edificios que non a deixan ver ben, temos termas de auga quente ata fartarnos, manantiais por todalas esquinas, fragas e soutos, frondosos, mosteiros espectaculares perdidos polos montes, temos un gran ferida no relieve chamado Cañon do Sil, temos fervenzas, regatos, prados verdes, xente riquiña disposta a botarche unha man sen esperar nada acambio, e mais o mais seguro e que che dea algo, enfin... o curruncho de terra mais bonito da árida España, os españois que son un pouco parvos non a coñecen nin a valoran nin a promocionan, pero... o boca a boca funciona, e todo o que ven de visita volta a casa co meigallo de Galiza no corazon.

Somos como pequenas formiguillas, que sen axudas, con bo corazón, e con con moito traballo imos saíndo a diante, ninguen nos regalou nada, pero non somos rencorosos(si un pouco parvos) e non nos importa. Para exemplo os diseñadores galegos e Inditex que con poucos recursos, malas infraestruzturas de comunicacion(aínda ata hai ben pouco non habia nin una misera estrada amplia e sen curvas, por no falar das autovias, que ata hay ben pouco non habia nin a primeira, exportar nestas condicions e imposible, pero ahi estamos)e de inversión, chegan o mais alto, e España atribuese o merito, deberiamos ser un pouco mais égoistas do noso e parender de Cataluña e Pais Vasco.

Non todo é tan bonito, porque como ben dixen, parecemos parvos, non valoramos o noso, a nosa cultura, deixámonos infuenzar demais, e triste ver que se non fora por os politicos compremetidos e polos hipocritas ninguen reclamaria os deritos do galego, e facil escoitar da boca dun galego(incluso galegofalante) falar mal do galego, oporse a retirada dos castelanismos, otra cousa é oporse o continuo aportugasamento do idioma que é respetable, e triste ver que nas festas non se tocan muiñeiras mais que en festivais de folclore...., é por riba, cando intentamos ser modernos quedámonos a medias

mexilons, marisco, polvo, caldo, grelos, lacon.... a comida de boa calidade e en cantidades é fundamental.




No hay comentarios: