Recordo a miña infancia como a época máis alegre e divertida da miña vida, recordo a miña avoa e a panciencia que tiña conmigo, cando lle gritaba o televisor... tamén era a época na que pasaba moito tempo vendo o televisor case sempre na canle da galega TVG, todos os galegos tivemos a sorte de poder ver o XABARÍN CLUB, ese programa que dende o primeiro minuto ata o último era fascinante, o comezo e o remate do programa era do mellor, tamen recordo o mago Xacobee a súa visita o meu colexio e que fun o elexido para facer 1 dos seus trucos e que logo da actuación dixolles os profesores que era moy intelixente, que eu nunca fun socio do club (:( ), que logo estropearon o programa e que agora está a rexurdir e que eu non estou en Galicia para velo, e que xa non son un neno.
sábado, 14 de febrero de 2009
A musica do Xabarín club
Encantame escoitar galego, teño moita saudade da miña terra, oxe vin un cartel dun concerto presentación do novo disco de Silvia Superstar e lembreime de todo isto, recordo actuacions co seu grupo killer barbies cun micro cheo de Barbies nos cocertos do programa, tamen naquela época gustabame Amistades peligrosas pero iso xa é outro conto.
Para recordar e dar a coñecer todo esto escribo estas liñas en galego porque non podia ser doutra
Deixovos cos videos musicais que puñan entre serie e serie e que non teñen desperdicio
Unha das miñas favoritas Non todo é o que parece de Aerolinias federales onde cantaba tamen a Silvia superstar
As incribles pancreas o grupo seguinte de Silvia trala disolucion de Aerolineas federales
Victor coyote
Non me amoles de Pussicats
Superheroe dos Blood filloas
Satélite xabarín dos La marabunta outro dos meus favoritos daquela
As Amarguinhas outra das miñas favoritas das Just girls
Heredeiros da crus e o seu tema íscalle Lura
Fin de semana dos Los recientes
Ata o propio Xabarin cantaba as veces, aqui con Victor coyote
Publicado por
Unknown
en
3:40
Etiquetas: cosas mias, Galicia, idolos, lo mejor de..., mi diario, videos
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
non todo é o que parece amigo hay que pensalo moi ben...estiven hoxe escoitanto música do Xabarín ahahha
bicos
Tienes un mail y yo un nuevo blog!!!
Muuuuuuuuuuack!
Publicar un comentario